Paul Feig (Spy, Ghostbusters) dirixirá unha adaptación para o cinema do libro fantástico para adolescentes The School for Good and Evil para a Netflix.
Baseada na novela de Soman Chainani, a história vai sobre as amigas Sophie e Agatha, estudantes da Escola do Ben e Mal, onde rapaces normais son adestrados para se converteren en heroes e falcatruáns de clásicos contos de fadas.
Sophie, quen cobiza ser unha princesa, sabe que será elixida para a Escola do Ben e unirá-se a outros antigos estudantes coma a Cincenta e Branca Neves. Agatha, coa súa fasquía lúgubre e mais o seu gato enmeigado, semella a perfecta candidata para a Escola do Mal. Pero cando os seus destinos sexan intercambiados, con Sophie indo á Escola do Mal e Agatha é Escola do Ben, a súa amizade verá-se en perigo.
David Magee (Life of Pi) e Laura Solon (Let It Snow) escribirán o guión. Feig, Laura Fischer, Joe Roth, Jeffrey Kirschenbaum e Jane Startz serán os produtores.