Upgrade terá secuela na tele

25

Upgrade, o aclamado thriller de ciéncia-ficción de 2018 de Leigh Whannell, vai contar cunha secuela para a pequena pantalla.

Logan Marshall-Green protagonizou o filme orixinal no papel dun viúvo paralítico, a quen  un inventor millonário lle fai unha proposta, experimentar con el unha cura en forma dun chip implantado chamado STEM. O implante ofrece ao hóspede enormes poderes físicos, que lle permitirán tentar vingar-se dos responsábeis da morte da súa muller.

O filme, que foi producido por só 5 millóns de dólares, recadou mais de 16 en todo o mundo, xunto a unhas excelentes críticas e mesmo un prémio SXSW.

A série de televisión estará ambientada só uns poucos anos despois dos acontecementos do filme, ensanchando o universo cunha nova versión millorada de STEM e mais un novo hóspede, imaxinando un mundo onde o governo readapta o chip para axudar a loitar contra os criminosos.

A série contará con Whannell e Tim Walsh (Shooter, Treadstone) coma creadores e produtores executivos, e con este último coma showrunner. Ambos ocuparán-se de crear novas histórias e de escribir os guións para a primeira tempada xunto a Krystal Ziv Houghton e a James Roland.