A nova Batwoman non é Kate Kane

676

A canle The CW ven de decidir que non vai dar o papel de Kate Kane a outra actriz, despois de que Ruby Rose abandoase por sorpresa o persoaxe protagonista da série Batwoman hai unhas semanas.

Así pois, no lugar de lle dar o papel a outra actriz, crearán un novo persoaxe que tome o lugar de Batwoman. A maior parte da recén rematada primeira tempada estivo vencellada ás ligazóns familiares de Kate Kane, dende a malvada Alice (a súa irmá) até o seu curmán Bruce Wayne, pasando por numerosos persoaxes cos que está relacionada na pantalla.

O novo persoaxe polo de agora leva o nome de Ryan Wilder, pero este é un nome temporal e o seu espazo será ocupado polo nome definitivo. A nova Batwoman defíne-se coma unha muller de vintetantos anos que está a piques de se converter en Batwoman. É agradábel, desorganizada, un pouco zoupona e sen adestrar, moi distinta de Kate Kane. É unha antiga traficante de drogas, con moitas habilidades, moi indisciplinada e lesbiana, que non é para nada “a esterotípica heroína americana”.

Batwoman tivo que rematar a súa tempada antes de tempo por mor da crise do corona, con só 20 episódios dos 22 planeados. Non está claro se haberá algunha transición entre a nova tempada e os dous capítulos que non chegaron a se completar.