Pierce Brosnan quere regresar á xoventude

Pierce Brosnan será o protagonista de Youth, o novo thriller de ciéncia-ficción que dirixirá Brett Marty para o The Highland Film Group. O filme é unha adaptación en forma de longametraxe da curta do mesmo título que rodou Marty en 2016.

A história está ambientada nun mundo onde o luxo mais caro e moderno é a “renovación”, un procedemento que rebobina o reloxo biolóxico do corpo de volta ao seu millor intre.

Brosnan fará o papel dun enxeñeiro tecnolóxico que está por se retirar aos 70 anos de idade despois dunha longa carreira. A súa compañía non quere perde-lo, así que pagan a “renovación” para el e mais a súa muller Alice. Nombergantes, o procedemento non sae do todo ben, e aínda que nun primeiro intre volve a ter uns vintetantos anos, a súa idade comeza a se acelerar a toda presa.

Cando só lle fican unhas poucas semanas de vida, decide someter-se a outra operación aínda mais perigosa, que o podería salvar, pero que ao mesmo tempo descubre as escuras orixes da tecnoloxía de renovación.

Marty co-escribiu o guión xunto a Josh Izenberg e Amelia Whitcomb. Jib Polhemus, Paul Schiff e Martin Brennan serán os produtores.