O Sasquatch, a de-evolución de Max Brooks

26

Os dereitos sobre Devolution, unha novela con tema de Bigfoots orixinal do autor de World War Z, Max Brooks, e que chegará aos andéis das librarías esta mesma semana, veñen de ser mercados pola Legendary Entertainment.

O mesmo có seu anterior libro, a narración pasa do xornalístico á investigación científica dun acontecemento, neste caso a “masacre do Sasquatch de Rainier”. A editorial afirma que a novela ten partes de narración de supervivéncia, conto de terror e xornal científico, e que racha as barreiras entre a verdade e a ficción.

A história está ambientada nunha modélica vila ecolóxica nas faldras do Monte Rainier, que após dunha erupción volcánica, é asolado por unhas bestas feroces chamadas Sasquatch.

Jack Bender e David Leslie Johnson estiveron vencellados a unha versión anterior deste proxecto, pero nestes intres non teñen ningunha participación no mesmo.