A Nickelodeon relanza aos Pitufos

22

A Nickelodeon, que agora pertence á ViacomCBS, ven de pechar un acordo coa LAFIG Belgium e a IMPS, os posuidores dos dereitos en todo o mundo dos Pitufos, coa intención de producir unha nova série de debuxos animados para a televisión.

O plan é relanzar a franquía cunha nova série e producir unha nova liña de produtos a partir de 2022, incluíndo xoguetes, papelaría, roupa e outra mercadoría para o consumo, coa intención de entrar nos mercados americano e inglés, onde os Pitufos son á penas coñecidos.

As novas aventuras dos pequenos trasnos azúis debutarían deste xeito na televisión en 2021, primeiro nos Estados Unidos, e logo na canle Nickelodeon a nivel internacional. A série será producida pola Peyo Productions e a Dupuis Edition & Audiovisuel, dirixida por William Renaud e con guións de Peter Saisselin e Amy Serafin.