O regreso dos Animorphs

32

A Scholastic vai-se asociar coa Picturestart de Erik Feig para produciren en conxunto unha longametraxe baseada en Animorphs, a popular saga de libros de ciéncia-ficción para nenos dos anos 90 orixinal de Katherine Applegate e Michael Grant, quen escribían xuntos baixo o alcume de K.A. Applegate.

A história, sempre narrada en primeira persoa, ía sobre cinco adolescentes, Jake, Marco, Cassie, Rachel e Tobias que tiñan o poder de se transformar en calquera nimal ao que tocaran. Cos seus poderes, loitaban para impedir a invasión da Terra que os extra-terrestres querían levar a cabo en segredo.

Dos 54 libros vendéron-se mais de 35 millóns de unidades entre 1996 e 2001, e aínda que xa se produciu unha série de televisión canadiana entre 1998 e 2000, esta será a primeira vez que se faga unha longametraxe baseada neles. A Scholastic ten asemade plans para lanzar unha novela gráfica que adapte a série a partir do 6 de outubro.