O Encanto brasileiro

Seica os realizadores responsábeis de Zootopia, Byron Howard e Jared Bush, están a preparar xa o seu seguinte proxecto, que terá coma título Encanto e será unha longametraxe de debuxos animados ambientada en Brasil e producida pola Disney Pictures.

O premiado compositor e actor Lin-Manuel Miranda será o encargado de escribir as canzóns para este filme, que vai sobre unha rapaza brasileira que pertence a unha família que posúe poderes máxicos. O seu problema é que ela é a única da família que non ten eses poderes. Encanto será a sétima película da Disney que teña unha rapaza non branca coma protagonista.

Charise Castro Smith, Howard e Bush co-escribirán o guión. Bush tamén foi o responsábel do guión de Moana, un filme en cuxas canzóns tamén traballou Miranda. Clark Spencer e Yvett Merino Flores serán os produtores.