Descender e Ascender

26

A Lark Productions ven de se facer cos dereitos exclusivos para a televisión da série de novelas gráficas de ciéncia-ficción da Image Comics Descender e mais da súa secuela Ascender, ambas orixinais de Jeff Lemire e Dustin Nguyen.

Descender foi unha série que se publicou entre 2015 e 2018 ao longo de 32 números e que tiña coma protagonista a Tim-21, un robot de compañía que é abandoado nun cosmos hostil cando descubre que é o ligazón perdido entre unha frota de máquinas aniquiladoras e a robótica moderna. A série é a odiseia do robot por se manter vivo nun universo onde todos os androides foron proscritos e os cazarrecompensas axexan en todos os planetas.

Descender
Unha viñeta da edición en alemán de “Descender”.

Pola súa banda, Ascender comezou a se publicar en 2019 e continúa hoxe en día. Está ambientado unha década despois e imaxina un mundo máxico sen máquinas, cunha rapaza que tenta atopar a Tim-21 coma protagonista.

A presidenta da Lark Production, Erin Haskett, será a produtora executiva xunto a Lemire e Nguyen. Hai que aclarar que esta série non garda relación coa planeada adaptación ao cinema da Sony Pictures e que está estancada dende 2015, cando a Sony se fixera cos dereitos para a pantalla grande.