Drew Goddard, guionista de Daredevil, Cloverfield ou The Martian e director de The Cabin in the Woods, está a manter conversas para regresar ao espazo co filme Project Hail Mary na MGM.
Con anterioridade, Goddard fíxo-se coa nominación ao Oscar grazas ao guión de The Martian, adaptada da novela homónima de Andy Weir. Agora as negociacións son para coma mínimo escribir a história e mais o guión desta versión da nova obra do devandito autor, que xa conta con Ryan Gosling confirmado no papel protagonista.
Hail Mary vai sobre un astronauta que esperta e se atopa a millóns de kilómetros da Terra, nunha pequena nave espacial canda dous compañeiros da tripulación mortos e sen poder lembrar ren respeito á súa misión ou mesmo o seu nome. Pero deseguido se vai decatar de que el é a derradeira esperanza para evitar un cataclismo que ameaza con extinguir toda a vida sobre a Terra.
Os realizadores Phil Lord e Chris Miller están a bordo para dirixir a longametraxe e agárda-se que teñan ademais algunha participación no guión. A MGM adquiriu os dereitos sobre a novela por nada menos ca tres millóns de dólares e teñen toda a intención de facer un filme por todo o alto.
Goddard comezara a súa carreira traballando con Buffy the Vampire Slayer, Alias e Lost antes de escribir os guións de Cloverfield e World War Z e de axudar a crear as séries Daredevil e Defenders para a Netflix.