A série d’Os Outros

The OthersA compañía de Miami BTF Media ven de se facer cos dereitos para producir unha série de televisión baseada no clásico filme de terror gótico de 2001 Los Otros de Alejandro Amenabar e ten plans de desenvolver un remake en español. Ricardo Coeto e Francisco Cordero serán os produtores e Guido Rud e Enrique Cerezo os produtores executivos.