Colin Trevorrow viaxa á Atlántida

O responsábel do filme Jurassic World, Colin Trevorrow, ven de asinar coa Universal un acordo para dirixir un novo thriller sobre o mito da Atlántida. Nesta versión, o continente perdido xa non está no noso familiar Atlántico, senón que está situado no Océano Índico nalgures entre África, a Índia e Oceanía, onde existe unha civilización multicultural cunha tecnoloxía avanzada.

Trevorrow desenvolveu o concepto canda o escritor Matt Charman e os estudos contrataron a Dante Harper (Edge of Tomorrow, Alien: Covenant) para que escriba o guión do proxecto, que seica comezou hai xa uns poucos anos e mantívo-se en segredo mentres a equipa creativa liderada polo deseñador de produción Kevin Jenkins (Star Wars: Episode IX) tiña tempo de investigar e construír o seu mundo antes de leva-lo ao guión.

Nestes intres Trevorrow está a preparar o reinício da rodaxe de Jurassic World: Dominion a primeiros do mes que ven.