O famoso deseñador de vestiário convertido en director Joel Schumacher finou onte na súa casa na cidade de New York após de perder a súa derradeira batalla contra o cancro aos 80 anos de idade.
Schumacher, quen era abertamente gai e presumía de se deitar con mais de 20.000 homes, comezou a traballar na indústria da moda antes de atopar un posto coma deseñador de vestiário no filme de ciéncia-ficción de Woody Allen Sleeper, pero logo pasou a escribir guións en filmes coma a fantasía musical The Wiz antes de se abrir camiño coma director, debutando coa comédia de ciéncia-ficción The Incredible Shrinking Woman.
Entre o final dos anos 80 e o comezo dos 90 tivo unha série de grandes éxitos, entre os que compre salientar a comédia de terror The Lost Boys e mais o thriller sobrenatural Flatliners.
Nombergantes, os seus traballos de mais sona foron asemade os mais controvertidos: a súa visión do home morcego en Batman Forever (1995) e sobre todo en Batman & Robin (1997) resultou tan nefasta que estivo a punto de rematar co persoaxe. O mesmo Schumacher pediu desculpas por este último filme. A partir dese intre, non moitos dos seus subseguintes filmes acadaron o mesmo nivel de éxito. Para nós, coma fans do xénero, interesan 8mm, The Phantom of the Opera e The Number 23.
O seu traballo axudou a lanzar as carreiras de actores coma Colin Farrell, Matthew McConaughey ou Kiefer Sutherland, e grazas ao filme de terror de 2009 Blood Creek, a Michael Fassbender e Henry Cavill.