Keaton podería volver ser Batman

522

Michael Keaton está dar os primeiros chanzos para repetir o seu emblemático papel de Bruce Wayne/Batman no vindeiro filme The Flash da Warner Bros. Pictures, mais de trinta anos despois de vestir a capa de morcego na clásica longametraxe de Tim Burton de 1989 Batman.

Polo de agora e aínda que é moi cedo para confirmar a nova, as negociacións poderían-o levar a facer mais dunha aparición na pantalla no papel dun avellentado Bruce Wayne. Non se sabe a releváncia que poderían ter estas aparicións.

A história do filme en todo caso seica voltará explorar a ideia do multiverso da DC, unha chea de universos alternativos que coexisten dentro da mesma realidade. Iso permitiría presentar versións diferentes pero simultáneas dos mesmos persoaxes, mesmo interactuando entre eles.

O recente crossover na televisión Crisis on Infinite Earths na canle The CW xa xogaba con esa ideia, incorporando un cameo de Ezra Miller no papel de Flash, quen se atopaba co outro Flash, o protagonista da série de televisión Grant Gustin, e todo dentro do regreso ao mundo dos filmes de Batman protagonizados por Keaton. Nombergantes, nin Batman nin Keaton apareceron na série. Isto permitirá que o vindeiro filme de Matt Reeves The Batman que protagonizará Robert Pattinson non se vexa afectado.

Andy Muschietti será o director de The Flash, con Miller coma protagonista. O argumento xirará mais ou menos ao redor do clásico cómic Flashpoint, no que Barry Allen viaxa atrás no tempo para evitar a morte da súa nai. O guión está a ser redactado por Christina Hodson (Birds of Prey), quen ao mesmo tempo traballa nas versións de Batgirl e Flash na tele. Todo iso podería levar a que o Batman de Keaton sexa o novo mentor da nova Batgirl.

The Flash ten previsto o comezo da rodaxe a primeiros de 2021 e a estrea para o mes de xuño de 2022.