Ejiofor confirma a súa volta co Doutor Strange

749

Chiwetel Ejiofor (The Martian, Doctor Strange) ven de confirmar que repetirá o seu papel do barón Karl Mordo na vindeira película Doctor Strange in the Multiverse of Madness.

O persoaxe apareceu por última vez na pantalla nunha escena post-cretos na que se convertía en vilán, roubando a enerxía mística que Jonathan Pangborn (Benjamin Bratt) estaba a usar para poder volver andar. Mordo logo proclama que a Terra ten “demasiados feiticeiros“.

Mordo non apareceu nin foi mencionado en ningún filme posterior da Marvel, pero Ejiofor dixo que “todo será revelado” na continuación, que dixirirá Sam Raimi. E respecto á participación de Raimi, dixo: “Vai vir. Estou moi, moi emocionado por iso. Obviamente, fomos interrumpidos coma todo o mundo estivo na pandémia pero espero que volvamos ao camiño e continuemos axiña, así que estou moi emocionado“.

A vindeira oportunidade para ver a Ejiofor será canda Charlize Theron na adaptación do cómic de superheroes The Old Guard que a Netflix estrea en xullo.