D.A.R.Y.L. medra na tele

582

Nun anúncio que ninguén agardaba, a TNT e a TBS veñen de comezar o desenvolvemento dunha nova comédia para a televisión que será a secuela da clásica longametraxe familiar de 1985 da Paramount Pictures D.A.R.Y.L. e que estará protagonizada por Tony Hale (Veep).

Hale interpretará a unha versión xa maior de Daryl (Barret Oliver fixo o papel no filme orixinal), un neno robótico creado polo governo con reflexos sobrehumáns e habilidades mentáis. A comédia terá capítulos dunha hora e contará como Daryl, agora con 44 anos, tenta manter-se ao día nun mundo para o que nunca foi deseñado.

O eslogan da série será “O rapaz ao que todos querían converteu-se no home que ninguén necesita na adaptación á tele que ninguén pediu“. Jody Lambert e Matt Oberg serán os guionistas do proxecto, que distribuirá a Paramount Television.

Este é un dos catro proxectos que as cadeas de televisión veñen de anunciar que van desenvolver. Entre os outros cómpre salientar a Space, unha série de ciéncia-ficción da Sony ao xeito de Quantum Leap e da que polo de agora non se sabe nada mais.