Após de non poucos meses de rumores, por fin se fixo oficial: Margot Robbie será a protagonista dun filme da saga Pirates of the Caribbean na Disney Pictures.
A guionista de Birds of Prey e Bumblebee, Christina Hodson, escribirá o libreto da primeira aventura de piratas desta famosa franquía protagonizada por unha muller, e da que se di que non será nin secuela, nin relanzamento nin spin-off, senón unha história totalmente orixinal con novos persoaxes baixo o alcume dos Piratas do Caribe.
O proxecto está separado do relanzamento xa anunciado e que se atopa en desenvolvemento polo guionista da saga orixinal Ted Elliott e mais o creador de Chernobyl, Craig Mazin. Jerry Bruckheimer será en todo caso o produtor de ambos os dous filmes.