Terror durante a corentena

341

O director de The Girl in the Photographs, Nick Simon, ven de anunciar que rematou a rodaxe dun novo filme de terror producido pola Spectrum Studios.

Tanto a escritura do guión, coma a pre-produción coma a rodaxe tiveron lugar remotamente no decurso da corentena mundial e está narrada a través de pantallas de computador e rodada nun estilo de metraxe atopada.

A história vai sobre a vida tras os telóns de actores moderadamente famosos que farán o que sexa con tal de salvar as súas carreiras e poder seguir compartindo o seu arte co mundo. Así, cando seis deles vexan como o seu programa de televisión está a piques de se cancelar, deciden rodar un filme de terror de seu. Na súa procura por un argumento, invocarán sen se decatar a un espírito anceioso de violéncia e que comeza a asasinar a ún atrás do outro.

O guión foi co-escrito por Simon e Luka Baines (Under the Silver Lake) quen tamén protagonizan o filme xunto a Claire Holt, Kal Penn, Darren Barnet, Emmy Raver-Lampman, Katherine McNamara, Timothy Granaderos, Kevin Daniels e Sohm Kapila.

A post-produción rematará en setembro.