As Tartarugas volven ao cinema

35

A Nickelodeon Animation producirá unha longametraxe de debuxos animados xerados por computador titulada Teenage Mutant Ninja Turtles xunto aos produtores Seth Rogen, Evan Goldberg e a compañía Point Grey Pictures de James Weaver.

A Nickelodeon Animation reviviu a franquía paraa pequena pantalla en 2012 cunha série de debuxos animados por computadora e planea crear un filme con animación clásica en 2D para a Netflix baseado na série da tele Rise of the Teenage Mutant Ninja Turtles.

A franquía naceu nos anos 80 coa série de televisión, que conduciu á rodaxe de moitos filmes de acción con actores reais e mais á longametraxe de 2007 TMNT.

Jeff Rowe, quen dirixirá o filme de debuxos animados Connected para a Sony baixo a produción da parella composta por Phil Lord e Chris Miller, será o encargado desta nova película a partir dun guión de Brendan O’Brien (Bad Neighbors). A Paramount Pictures distribuirá.