A Marvel fai-se con Alien e Predator

793

A Marvel ven de adquirir os dereitos para publicar cómics das franquías de Alien e Predator, facéndo-se deste xeito cunha propriedade que levaba dende hai moitísimos anos nas mans da Dark Horse.

O acordo sementará as bases para crear unha nova liña de cómics nos que aparezan ambos persoaxes extra-terrestres que acadaron a súa sona no cinema. A Dark Horse mantivera os dereitos sobre os mesmos para facer cómics durante mais de trinta anos, concretamente dende 1988 e 1989.

O plan da Marvel agora é “expandir os persoaxes e trasfondos dos distintos filmes de Alien e Predator“, segundo manifestou o editor xefe da Marvel, C.B. Cebulski, quen ademais engadiu: “A medida que continúa o noso programa de relanzamento, non podemos esperar a compartir mais nos próximos meses“.

Para celebrar a nova adquisición da Marvel, o debuxante de Batman David Finch creou dúas imaxes no website da IGN, pero deixando claro asemade que a Marvel non está a pensar nestes intres en integrar os persoaxes co resto do universo dos cómics Marvel, tal e coma fixeran con Conan en 2018.