A Série da Marmota

O actor Stephen Tobolowsky ven de revelar que están a traballar nunha série de televisión baseada no clásico filme de culto Groundhog Day.

Nunha entrevista a pasada semana o veterán actor de reparto, quen conta xa con 69 anos, dixo que estaba a traballar nos estudos da Sony na súa série Schooled cando foi chamado a un lado por un produtor, quen lle revelou que están a desenvolver unha série que versionará a clásica comédia de bucle temporal.

Cando lle preguntaron se repetiría o seu papel de Ned Ryerson (o persistente vendedor de seguros), Tobolowsky contestou “Si, claro!“, pero non quixo adiantar mais detalles de quen está a escribir o guión ou se hai outras estrelas vencelladas. En todo caso, confirmou que a série tería lugar trinta anos despois dos acontecementos do primeiro filme.

A película orixinal foi protagonizada por Bill Murray, con guión e dirección do seu habitual compañeiro en moitos outros filmes Harold Ramis.