A Vila dos Condeados

O guionista de The Night Manager e de Hanna, David Farr, está a desenvolver unha série en oito episódios que adaptará á pequena pantalla a clásica novela de ciéncia-ficción The Midwich Cuckoos, publicada en 1957 por John Wyndham, para a canle inglesa Sky.

O libro está ambientado na pequena e apracíbel vila de Midwich, onde unha estraña secuéncia de acontecementos remata con todas as mulleres da comunidade preñadas con loiros nenos alieníxenas, quen entre outros poderes extraordinários posúen uns misteriosos ollos azuis escintilantes.

Esta obra é xunto a The Day Of The Triffids a mais salientábel de Wyndham, e foi xa adaptada con anterioridade dúas veces ao cinema co título Village of the Damned, a primeira vez polo alemán Wolf Rilla en 1960 e a segunda por John Carpenter en 1995.

O remake para a televisión contará coa produción de Marc Samuelson da Route 24, unha empresa propriedade da ITV Studios.