Javicia Leslie é a nova Batwoman

421

A actriz de orixe bávara Javicia Leslie (a quen poidemos ver na comédia God Friended Me) ven de se facer co papel protagonista para a segunda tempada da série Batwoman na canle The CW. Leslie fai-se deste xeito co posto que ocupaba Ruby Rose, quen marchou de súpeto após de rematar a primeira tempada.

No lugar de lle dar o mesmo papel, a showrunner Caroline Dries e mais o produtor executivo Greg Berlanti decidiron crear un novo persoaxe chamado Ryan Wilder, quen será a nova Batwoman.

Nun comunicado, Leslie dixo: “Estou estremadamente orgullosa de ser a primeira actriz negra que interpreta o emblemático papel de Batwoman na televisión, e coma muller bisexual, sínto-me honrada de me unir a este innovador programa que foi un pioneiro para a comunidade LGBTQ+“.

Batwoman fixo história en 2019-20 ao se converter no primeiro programa de televisión con acción real protagonizado por unha superheroína lesbiana, polo que era moi importante para os produtores Berlanti e Dries (ambos abertamente homosexuais) que o papel ficase para algún membro da comunicade LGBTQ.

A mesma Ruby Rose publicou unha mensaxe na súa conta de Instagram no que felicita a Leslie. A série regresará, se é posíbel continuar coa rodaxe, a comezos de 2021.