Whannell podería dirixir ao Lobishome

53

Após de que a comezos do ano The Invisible Man acadase a unánime aclamación da crítica e das audiéncias, a Universal Pictures e mais a Blumhouse Productions queren-lle dar outra oportunidade de seguir triunfando ao realizador australián responsábel do éxito, Leigh Whannell.

Whannell está en negociacións para dirixir a nova versión de The Wolfman, que conta xa con Ryan Gosling coma protagonista. A Blumhouse apuntou-se tamén ao proxecto para produci-lo xunto ao mesmo Gosling.

O australián sería asemade o responsábel de escribir o primeiro esbozo do guión, baseado nunha história orixinal de seu e inspirada no clásico de 1941. Lauren Schuker Blum e Rebecca Angelo (Orange is the New Black) serían despois as encargadas de escribir o guión definitivo.

O filme The Invisible Man custou tan só 7 millóns de dólares, e non só acadou grandes críticas, senón que fixo 124 millóns nos despachos de billetes de todo o mundo, e iso sen contar con que as salas de cinema tiveron que pechar antes de que a película chegase ao remate do seu ciclo.