O servizo de streaming Disney+ ven de encargar a produción dunha nova série de debuxos animados da súa factoría Lucasfilm: Star Wars: The Bad Batch, e xa ten plans de estrea-la en 2021.
A série vai sobre o lote malo ou “Bad Batch” en inglés, o grupo experimental e de élite de clons que apareceu por primeira vez en Star Wars: The Clone Wars, que debe atopar un novo xeito de vida despois de que rematen as Guerras Clon.
Os membros deste lote malo, un grupo moi particular de clons que varían xenéticamente dos seus irmáns no Exército Clon, posúen cadanseu unha habilidade excepcional que os converte en soldados extraordinariamente efectivos e xuntos fan unha equipa formidábel.
Na era após das Guerras Clon deberán aceptar arriscadas misións coma mercenários mentres tentan manter-se en pé e atoparen un novo propósito na vida.
Dave Filoni, que xa foi o arquitecto de Clone Wars e produtor executivo de The Mandalorian, regresará á devandita posición para a nova série, xunto a Athena Portillo, Brad Rau e Jennifer Corbett.