A Warner Brothers está a desenvolver unha série de televisión que servirá de precuela ao vindeiro filme The Batman, dirixido por Matt Reeves e protagonizado por Robert Pattinson. A série descríbe-se coma unha adaptación dos cómics de Gotham Central, e estará ambientada antes de que apareza Batman e a cidade fique corrupta e chea de criminosos.
Ainda que todo fai pensar que será outra série moi semellante a Gotham, que se emitiu na canle FOX ao longo de cinco anos, a contratación do creador de Boardwalk Empire, Terrence Winter, leva a especular con que podería ser unha espécie de drama histórico.
Polo de agora non hai ningunha mención a unha posíbel aparición de Pattinson na série, pero agárda-se que se dean a coñecer mais detalles no decurso da convención virtual DC Fandome que terá lugar o vindeiro 22 de agosto.