Xa se fala da segunda parte de Old Guard

544

Após do exitoso lanzamento do filme The Old Guard na Netflix a pasada semana e de que as críticas recibidas sexan polo momento bastante positivas, comezan xa a xurdir as primeiras ideias sobre unha mais ca probábel segunda parte.

[OLLO! ESTE ARTIGO CONTÉN SPOILERS]

Charlize Theron protagonizou a longametraxe no papel de Andromache, a líder dun grupo de mercenários inmortais que loitan por causas xustas ao longo dos séculos. E o filme remata cunha escena na que Booker (Matthais Shoenaerts), que comeza o seu século de exílio, recibe a inesperada visita de Quynh, a antiga man dereita de Andromache, dada por morta após de ser encerrada nunha caixa e tirada ao fondo do mar polos cristiáns.

Esta escena final é parte da novela gráfica na que se basea a película, e a súa directora, Gina Prince-Bythewood, dixo que “sempre gustei dela porque sentín que habería un óco se non rematase dese xeito. Hai algo de medo porque non queres anoxar ao público. Sei coma me sinto cando se deixan as cousas abertas, pero para min, contamos a história. Ten un comezo, unha parte do médio, e un remate. E logo, hai unha pista e unha posibilidade de mais, pero iso fica absolutamente á decisión do público. Greg [Rucka, o guionista] sempre viu isto coma unha triloxía. Eu sei a onda vai a história e é superguai. Así que se o público quere mais, hai de feito mais história que contar“.

Prince-Bythewood mencionou que se o filme se exhibise nas salas de cinema, esta escena aparecería após dos créditos. Pero co sistema de Netflix que remata a visualización xusto en canto comezan os títulos de crédito, tomaron esa decisión para estar seguros de que o público a vería.

O filme foi un éxito e a crítica considéra-o xa coma “os X-Men da Netflix”. Todo fai pensar que os espectadores continuarán poñéndo-o no alto da lista dos mais vistos durante as vimdeiras semanas.