As irmás Soska e o áudio-terror

As irmás xemelgas Jen e Sylvia Soska, especializadas en cinema de terror (Rabid, American Mary), serán as encargadas de escribir, dirixir e producir o filme Unseen para a Radar Pictures. A longametraxe está baseada no audioxogo para móbiles BlindSide, moi popular entre xogadores tanto cegos coma non cegos, e que vai sobre unha parella de Boston que esperta un día sen poder ver ren e nun mundo aterrador que non poden recoñecer.

Mentres a parella tenta afacer-se á nova realidade, temen que a súa saúde mental estea a desaparecer. Senten a preséncia dunha estraña e nova espécie, para a que a luz non é unha prioridade.

O foco da narración na longametraxe estará posto no que se pode oír no canto do que se pode ver. Michael Napoliello, Maria Frisk e Alex Power serán os produtores.