Edgar Wright dirixe Stage 13

640

O realizador Edgar Wright ven de pechar un acordo polo que desenvolverá, dirixirá e será o produtor executivo do conto de pantasmas amigábeis Stage 13 para a Amblin Partners.

A história vai sobre a pantasma dunha actriz da época do cinema mudo que leva décadas enmeigando o escenário sonoro dun fondo de pantalla. Despois de que un director en apuros atope á pantasma, descobren que están emparentados e colaboran para deixaren a sua pegada no mundo.

Simon Rich escribirá o guión, baseado nun conto orixinal de seu, e será ademais o produtor canda Nira Park, Tim Bevan e Eric Fellner.

Este non é o único traballo de Wright que veremos axiña, porque ademais ten pendente dirixir unha adaptación da novela The Chain de Adrian McKinty para a Universal, e o seu filme Last Night in Soho debutará en abril de 2021.