A Hulu abre a caixa dos cerebros

674

A Fox 21 Television Studios e mais a Hulu desenvolverán conxuntamente unha série de ciéncia-ficción titulada Brainbox, baseada nun conto orixinal do programador de software e escritor de ciéncia-ficción Christian Cantrell.

A história ten lugar despois de que un experimento de enxeñería climática fracase e leve de súpeto ao planeta a unha idade de xeo. As nacións mais poderosas do mundo competirán por se faceren coas derradeiras rexións habitábeis, situadas ao redor do ecuador. Pero as cousas pon-se aínda peor cando un novo especialista en armas cree un exército de autoreplicantes con intelixéncia artificial que transformará o destino da humanidade.

Dave Kajganich (The Terror) será o showrunner e Warren Littlefield (Fargo) o produtor executivo. Entre os outros traballos de Cantrell cómpre salientar CAGN e The Epoch Index, ambas a piques de seren adaptadas a longametraxes, a última delas con Brad Peyton coma director.