A Universal quere o proxecto de Cruise

666

A Universal Pictures ten moito interese en se facer cos dereitos do proxecto que está a desenvolver Tom Cruise, na que será a primeira longametraxe rodada alomenos parcialmente no espazo.

Doug Liman, que xa dirixiu a Cruise en Edge of Tomorrow e American Made, será o director e guionista deste misterioso proxecto, que conta coa produción de ambos os dous, do multimillonário Elon Musk e mesmo da NASA. Polo momento nombergantes non hai un guión escrito e non se deron a coñecer os detalles do argumento.

En todo caso, o filme non sairá barato, porque o orzamento custará coma pouco uns 200 millóns de dólares.

Cruise ten decidido protagonizar este filme, pero primeiro debe completar a sétima e oitava entregas de Mission: Impossible, que se rodarán conxuntamente en canto a pandémia do corona permita continuar o traballo en Inglaterra.