Star Trek: Prodigy xa en marcha

A Nickelodeon anunciou Star Trek: Prodigy, unha série para nenos con gráficos xerados por computador e ambientada no universo de Star Trek, para se estrear nalgún intre ao longo de 2021.

A história seica vai sobre un grupo de rapaces rebeldes que se fan cos mandos dunha vella nave espacial da Flota Estelar e xuntos deciden comezar unha aventura a bordo da mesma.

A série conta cos guionistas de Trollhunters Kevin e Dan Hageman. A Eye Animation Productions, unha empresa filial da CBS, producirá o proxecto para a CBS Television Studios.

Alex Kurtzman, Heather Kadin, Katie Krentz, Rod Roddenberry, Trevor Roth e mais os irmáns Hageman serán os produtores executivos.