A Amazon encarga a série de Paper Girls

901

A Amazon ven de encargar a produción dunha série de televisión que adapte á pequena pantalla a série de novelas gráficas de mistério e ciéncia-ficción Paper Girls, orixinal de Brian K. Vaughan e Cliff Chiang. O proxecto contará coa produción da Legendary Television e da Plan B.

O cómic vai sobre catro rapazas que mentres reparten xornais na mañá despois do día de Samaín de 1988, fican atrapadas sen quere-lo nun conflito entre diferentes faccións de viaxeiros temporais que están en guerra.

Isto enviará-as a unha aventura polo tempo coa misión de salvaren o mundo. E mentres viaxan polo presente, o pasado e o futuro, atoparán versións de si mesmas e terán que aceitar ou rexeitar o seu destino.

Stephany Folsom (Toy Story 4) escribiu a adaptación e será a showrunner xunto a Christopher Cantwell e Christopher C. Rogers.