Sparrow, o cómic de Oscar Isaac

1438

O actor Oscar Isaac, un dos protagonistas da mais recente triloxía de Star Wars, está a desenvolver Head Wounds: Sparrow, unha novela gráfica na que está a traballar xunto aos seus amigos da infáncia Bob Johnson e John Alvey para a editorial Legendary Comics.

A historia está inspirada nun soño de Johnson que tivo despois de que se lle diagnosticara un linfoma en fase 4 e vai sobre Leo Guidry, un policía que ten unha ferida psíquica na cabeza que lle dá unha empatía que lle axudará a sobrevivir nunha guerra entre anxos, demos e todo o que hai no médio.

Nun comunicado, Isaac dixo: “Bob Johnson ten unha mente e un alma coma ninguén mais. A nosa amizade e colaboración creativa abrangue case tres décadas. Non podería estar mais emocionado de traer esta única e singular visión de Head Wounds: Sparrow á vida co incríbel grupo de artistas que axuntamos“.

Isaac desenvolverá o proxecto por médio da súa compañía, a Mad Gene. Brian Buccellato escribiu o guión e Christian Ward porá o debuxo. O cómic estará dispoñíbel online e nos andéis das librarías a primeiros de 2021.