James Wan produce “My Wife & I”

832

Están a se levar a cabo conversas entre Shawn Levy (Stranger Things) e James Wan (Aquaman) para produciren na Netflix unha adaptación ás pantallas dunha história orixinalmente publicada en febreiro na rede social Reddit titulada My Wife & I Bought a Ranch.

O xigante dos servizos de streaming comprometeu-se a adquirir os dereitos do conto de Matt Query, e ademais a contratar ao seu irmán Harrison para que escriba o guión. Scott Glassgold, Dan Cohen e Michael Clear serán tamén os produtores.

O conto, publicado no subreddit r/nosleep adicado ás histórias de terror, vai sobre unha parella, Sasha e mais o seu home Harry, un ex-Marine, quen atopan a súa casa ideial nun rancho de Idaho e mália que fan unha oferta moi baixa, fan-se con ela. Pero axiña decatarán-se de que non están sós na súa nova casa: os seus veciños infórman-lles de que un espírito malévolo vive no val.

Polo de agora non hai datas oficiais de lanzamento para esta adaptación, pola que seica a Netflix pagou unha cantidade de sete cifras.