Riz Ahmed e mais Octavia Spencer ven-se de unir ao reparto do thriller de ciéncia-ficción Invasion, que contará coa dirección do gañador do BAFTA Michael Pearce para a Amazon Studios e a Film4.
O argumento, do que polo de agora non se sabe demasiado, seica vai sobre dous rapaces irmáns que fuxen canda seu pai, un Marine condecorado, nunha misión de rescate para salvar aos seus fillos dunha ameaza inhumana. Mentres a súa viaxe vai avanzando, cada vez con mais perigos e tomando unha dirección inesperada, os rapaces deberán enfrontar-se a difíciles verdades e ir deixando a súa infáncia atrás.
Pearce co-escribiu o guión xunto a Joe Barton. Dimitri Doganis, Piers Vellacott e Derrin Schlesinger serán os produtores.