O burato da perfección

1112

Jordan Peele e Issa Rae asociarán-se para faceren unha nova adaptación ao cinema do conto Sinkhole orixinal de Leyna Krow para a Universal Pictures.

A história vai sobre unha nova família que se muda á casa dos seus soños, na que todo é perfecto agás un burato no pátio traseiro. O burato seica traga con todas as cousas que están estragadas e esnaquizadas e as devolve perfectas de novo. A pregunta é, o que fará cunha persoa?

Peele e Rae serán os produtores, e Rae podería ser a protagonista. O filme pretende ser unha alegoría política feminista, “unha obra de xénero que aborda a cuestión da perfección e identidade femininas“. Montrel McKay, Sara Rastogi e Win Rosenfeld completarán os grupo de produtores.