A compañía de Leonardo DiCaprio, a Appian Way, e mais a In Good Company Films van desenvolver conxuntamente a série Island baseada na novela homónima de 1962 orixinal de Aldous Huxley, a que resultou ser a súa derradeira obra.
A história vai sobre Will Farnaby, un cínico xornalista inglés que naufraga deliberadamente nas costas da utópica illa de Pala no Océano Índico. Inda que o seu encargo inicial era o de explotar os seus recursos naturais, descubre unha sociedade desenvolvida e independente, e acepta ao seu povo, a súa cultura e tradicións.
A experiéncia desas aventuras psicodélicas e estruturas sociais alternativas mudará o rumbo da súa misión. Island é considerada polos críticos coma a contrapartida da súa anterior novela distópica, Brave New World.
Jennifer Davisson, Leonardo DiCaprio, George DiCaprio, Roee Sharon, Andrew Alter e Jason Whitmore serán os produtores executivos para a IGC Films.