Kevin Smith recupera ao Vespón Verde

757

Kevin Smith, o realizador responsábel de Clerks e Dogma, vai-se asociar á WildBrain (Inspector Gadget) para desenvolver unha nova série de debuxos animados baseada nas clásicas histórias pulp dos anos 30 The Green Hornet, que se fixeron populares por médio das séries radiofónicas, e posteriormente, xa nos anos 60, na televisión.

Smith fora contratado en 2004 pola Miramax para escribir o guión dunha película con acción real, pero a súa versión nunca chegou ver a luz. En cámbio, outra vesión foi levada á pantalla grande en 2011 nun filme dirixido por Michel Gondry e protagonizado por Seth Rogen.

O guión de Smith pola súa banda foi convertido nunha série de cómic que publicou a Dynamite Entertainment en 2010. E agora chega esta série de debuxos animados que seica estará dirixida a un público familiar e que tentará actualizar a história aos nosos tempos.

A série contará as aventuras do novo Green Hornet e mais de Kato, que son respectivamente o fillo do Green Hornet orixinal e mais a filla do Kato orixinal, unidos unha vez mais para loitar contra o crime en Century City.

O emblemático coche negro do protagonista, Black Beauty, tamén aparecerá na série que Smith encargará-se vender as canles de televisión e empresas de streaming. O seu traballo mais recente foi a antoloxía de comédias de terror Kilroy Was Here, aínda por estrear pero da que xa hai dispoñíbel un tráiler.