Nia DaCosta, a directora da aclamada fita Little Woods e que é ademais a responsábel da moi agardada continuación de Candyman, aínda por estrear, ven de ser elixida para se encargar da secuela de Captain Marvel para a Marvel Studios.
DaCosta fai-se cargo deste xeito da cadeira de director que na primeira entrega ocuparon Anna Boden e Ryan Fleck con grande éxito, porque a súa película recadou o ano pasado 1.300 millóns de dólares en todo o mundo.
A Marvel completa polo tanto unha nova mudanza de directores das súas franquías, coma foi xa o caso con Thor, Iron Man e mais o Capitán América: todos eles viron coma alomenos nunha das tres partes das súas triloxías había un novo director.
DaCosta pola súa banda seica se reuniu co xefe da Marvel, Kevin Feige, esta pasada fin de semana para achegaren posicións. Megan McDonnell, que traballou na série WandaVision (outra que tamén foi adiada por mor do Corona), será a encargada de escribir o guión desta secuela, para a que se espera lóxicamente o regreso de Brie Larson no papel protagonista de Carol Danvers.