A compañía de produción de James Wan e Michael Clear, a Atomic Monstera vai-se asociar coa Spyglass Media Group para desenvolveren un filme baseado na emblamática série da NBC dos anos 80 Knight Rider.
A série orixinal lanzou á fama ao seu protagonista, David Hasselhoff, no papel dun antigo oficial de policía de Los Angeles que despois de recibir un disparo na face era rescatado polo multimillonário Wilton Knight, quen lle dá un novo rostro e mais unha nova identidade: Michael Knight.
Michael convérte-se deste xeito no axente especial da Fundación para a Lei e o Governo (ou FLAG polas súas siglas en inglés), que lle fornece de Knight Industries Two Thousand (KITT), un automóbil negro marca Pontiac Firebird Trans Am tecnolóxicamente superavanzado e controlado por intelixéncia artificial. O programa emitiu-se dende 1982 até 1986 e desenvolveu unha chea de seguidores que o converteron nunha série de culto e que continúan a celebrar convencións até o día de hoxe.
O ex-guionista de videoxogos TJ Fixman (Ratchet and Clank, Resistance: Fall of Man) será quen adapte o argumento orixinal a unha versión mais contemporánea que tentará manter o tón antisistema da série orixinal. Wan será o produtor.