Fique en sintonía

85

A AMC Studios e mais a Morgan Creek Entertainment van desenvolver unha série para a televisión que adaptará a clásica comédia de culto Stay Tuned, que protagonizou o falecido John Ritter xunto a Jeffrey Jones aló por 1992.

O filme orixinal ía sobre o matrimónio composto por Roy e Helen Knable (Ritter e Pam Dawber) que sen quere-lo son transportados ao interior da súa televisión e obrigados a sobrevivir nun universo alternativo dentro dunha rede de cable deseñada para un único e exclusivo espectador: o demo.

Jones interpretaba ao señor Spike, o programador xefe da canle. O filme acadou grande sona por satirizar a outros filmes e séries da época, cando as redes de cable eran moito mais populares. Mesmo chegou incorporar enteiro un vídeo musical do grupo Salt ‘N Pepa coma parte da narración.

O produtor executivo e showrunner de Fear The Walking Dead Ian Goldberg e mais o guionista e produtor Richard Naing serán quen escriban está série. A parella xa traballara con anterioridade en The Autopsy Of Jane Doe e mais no filme da Netflix Eli.