Jonás Cuarón dirixe ao chupacabras

871

Jonás Cuarón (Desert), o fillo do oscarizado realizador Alfonso Cuarón, ven de ser contratado pola Netflix e mais a 26th Street Pictures para dirixir unha longametraxe aínda sen título pero que terá coma protagonista ao lendário monstro mexicano chupacabras.

A história vai sobre Álex, un adolescente que mentres visita á súa família en México, atopa unha destas míticas creaturas agochándo-se no alpendre de seu pai. Para salvar ao monstro, que aínda é un cativo, Álex e mais os seus curmáns deberán vivir a aventura das súas vidas.

Cuarón será ademais o guionista, para o que terá que adaptar un esbozo prévio de Marcus Rinehart, Sean Kennedy Moore e Joe Barnathan.

Chris Columbus, Michael Barnathan e Mark Radcliffe serán os produtores.