O supermundo dos superpoderosos

96

O actor e produtor da comédia Game Night Jason Bateman e mais o seu guionista Mark Perez van volver traballar xuntos na adaptación de Superworld, a recente novela de Gus Krieger, para a Warner Bros. Pictures e a Anonymous Content.

O argumento está ambientado en 2038, cando todo o mundo na Terra ten superpoderes, agás un home chamado Ignatius Lohman. Lohman está atrapado nun pesado traballo de oficina mentres seu pai é unha das persoas mais poderosas do planeta e ademais o líder da organización de defensa Peerless.

Pero Lohman terá a súa oportunidade de ascender cando o obriguen a se enfrontar a un líder empresarial cuxo poder é o de neutralizar a calquera que posúa un superpoder. Segundo din nos estudos, a história seica terá o tón de The Incredibles.

Bateman, David Kanter e Jeff Okin serán os produtores.