A triloxía de Trollhunters rematará cunha longametraxe

69

O mesmo día que a Netflix estreou Wizards, a terceira e derradeira entrega da série de debuxos animados Tales of Arcadia do produtor Guillermo del Toro, a compañía ven de anunciar unha nova incorporación.

O xigante do streaming di agora que a saga rematará con Trollhunters: Rise of the Titans, unha longametraxe creada por del Toro, que ven de comezar a súa produción e que se agarda para debutar ao longo do vindeiro 2021.

Nun comunicado, del Toro dixo: “A equipa de Trollhunters comprometeu-se ao redor de hai unha década, a tentar estender as fronteiras da animación 3D con gráficos xerados por computador para a televisión. Deseñamos unha enorme triloxía de mitoloxías e persoaxes interconectados que sempre agardamos que podería rematar cunha grande xuntanza con todas as súas estrelas. A DreamWorks Animation e a Netflix compartiron a moi cobizosa noción de facer as tres séries, mistura-las e por fin completa-las cunha grande longametraxe épica que dera remate a todo elo“.

Trollhunters: Rise of the Titans presentará un reparto estelar composto por Emile Hirsch coma Jim, Lexi Medrano no papel de Claire, Charlie Saxton coma Toby, Kelsey Grammer coma Blinky, Alfred Molina coma Archie, Steven Yeun coma Steve, Nick Frost coma Stuart, Colin O’Donoghue coma Douxie, Diego Luna coma Krel, e Tatiana Maslany e Nick Offerman nos papeis de Aja e Vex respectivamente.