O regreso de TRON, un pouco mais preto

58

O director de Lion e Mary Magdalene, Garth Davis, ven de ser elixido pola Disney Pictures para se encargar da nova entrega dentro da franquía de TRON.

O filme será o primeiro de grande orzamento que dirixa Davis, quen levaba moito tempo tentando facer-se co posto, para o que tivo que convencer aos executivos da Disney, dun xeito seica agresivo segundo revelan algúns médios, da súa visión sobre o material, que non será unha secuela directa do filme de 2010 TRON: Legacy.

Polo de agora aínda non hai nada aprobado oficialmente así que o proxecto continúa en desenvolvemento, pero a participación de Davis é un sinal de que alomenos as cousas están a avanzar de novo.

Jesse Wigutow escribiu o guión mais recente do que se ten constáncia, que Jared Leto ía protagonizar e producir xunto a Justin Springer e Emma Ludbrook.