Desaparecida

0
250

– O señor O’Keefe? Podo roubar-lle un minuto?

Timothy O’Keefe ollou a través da xanela de vidros raiados e mirou que o home que petará á porta era un poli. Isto non podían ser boas novas. Decatou-se de que as súas opcións estaban limitadas, abriu a porta e dixo:

– Bós días oficial. Pase. Como podo axuda-lo?

Mentres entraba o policía, Timothy ordeou ao seu can que ficara. “Quieto, César”, dixo con autoridade. Debería manter vixiado ao animal.

Os ollos do policía revisaron a súa caravana, ao can, as súas escasas e humildes posesións. O que estaba a procurar? –

Podo facer-lle unhas preguntas?

– Sen problema, oficial.

– Tivo vostede unha visita aquí onte? Unha muller nova?

– Si -, dixo Timothy. – Veu unha traballadora social a falar dun problema.

– Fále-me diso.

– Díxo-me que houbera queixas. Algunha xente non pode aceptar o meu modo de vida. Vivo unha vida sinxela aquí na mina caravana, afastado do resto da humanidade. César aquí é a mina única compañía. Son un pouco un prisioneiro, podería dicir-se. Non preciso moito, non pido ren a ninguén, preocúpo-me dos meus própios asuntos e acepto o que a natureza me dá. Só que algúns guichos consideran parte da natureza coma da súa propiedade, e cando acepto algún galano da natureza, eses tíos din que eu roubei o que lles pertence a eles. Podería dicir-se que houbo un conflito de intereses.

– Si, Sr. O’Keefe, estou ao tanto da súa reputación. Chegaron a un acordo vostede e mais a traballadora social?

– Esa é unha maneira de dici-lo. O asunto está aclarado. Non debería haber máis problemas.

– O que aconteceu após da súa conversa? Dixo ou fixo algo especial a señorita Sanchez antes de marchar?

Timothy moveu a cabeza. César erguera-se e comezara a cheirar nas botas do policía. Timothy humedeceu os beizos e dixo: “Toda esta conversa dá-me sede. Quere un grolo tamén? Témo-me que o único que lle podo ofrecer é auga. E se cadra un pouco para comer.

Remexeu nun dos seus improvisados armariños, sacou dous vasos, unha xerra de auga e unha pequena bandexa con anacos de comida. Timothy bebeu o seu vaso, o policía sorbeu do seu pero non tocou os “aperitivos”. Sen dúbida, non quería expoñer-se aos gustos gastronómicos (ou o que fosen) do seu anfitrión.

– A señorita Sanchez está desaparecida dende onte -, explicou finalmente o policía. – Estamos a falar con todas as persoas coas que se entrevistou, agardando atopar aunha pista. Vostede está entre as derradeiras persoas que a viron. Se hai algo que vostede saiba que poida ser de utilidade, gostaría escoita-lo. Non dubide en se poner en contacto comigo se relembra algunha cousa útil máis tarde. Calquera cousa pode valer-nos.

– Entendo – , dixo Timothy. – Témo-me que non podo axuda-lo.

– Ben, teño que ir-me xa. Grazas polo seu tempo.

O poli revisou a súa caravana unha vez máis, como se agardara atopar o corpo da señorita Sanchez de súpeto, limpamente gardado nun dos armários. Logo saíu e volveu camiñando ao seu coche. Timothy tirou o resto dos aperitivos no chan, onde César deu axiña boa conta deles.

Tirou o vaso de auga do policía e meneou a cabeza. Non se supuña que a policía debía segue as pistas e atopar ás persoas desaparecidas? Seica non todos eran tan bós no seu traballo. O poli nin sequera recoñeceu os anacos de carne que eran todo o que ficaba da señorita Sanchez, e tivéra-os diante del. Afortunadamente esta vez César comportára-se. Non como cando viñera aquela pequena entremetida. Discutiran o problema entre mans, e daquela a señorita Sanchez fixera un movemento que César malinterpretou. O can, famento e irritábel, Afundíra-lle os dentes na súa perna antes de que el puidera intervir, e ela berrara. Timothy tivera que asegurar-se de que os berros pararan, o que podería ter traído algunha atención indesexada. E como el e César aceptaban o que a natureza lles ofrecía e a natureza fora tan amábel de lles ofrecer á señorita Sanchez… Había tempo que non comían carne. Ela supuxo un cámbio benvido no canto dos malditos cogomelos e as froitas que atopaba (ou “roubaba”). E foi abraiante o que pode papar un can famento. Arroxara os restos aos cans que sempre andaban polos arredores, e laboriosamente eliminou todos os rastros reveladores. Timothy comera a súa parte, pero non gardou moito – sen unha neveira non tiña moito sentido. Ainda así, o poli perdéra-se un trato pouco frecuente.

Estaba contento de non ter mentido realmente ao poli. De feito chegara a unha espécie de acordo coa traballadora social, o asunto resolvéra-se e non habería máis problemas. E non había nada máis que el puidera facer. Exactamente as súas palabras.

E o poli non tiña motivos para se queixar. Eses tipos eran duros e difíciles de dixerir. Se decataría algunha vez do afortunado que fora?