A Netflix ven de mercar a triloxía completa de filmes baseados na saga de Fear Street, os libros de terror para adolescentes de R.L. Stine que foran adaptados orixinalmente pola Chernin Entertainment, unha filial da Fox.
Rodados o ano pasado no estado americano de Georgia, o plan era lanza-los cun mes entre cada ún, comezando a partir do pasado mes de xuño, pero os filmes foron retirados das carteleiras despois de que a crise do corona pechara as salas de cinema.
Por outra banda, a Disney absorbeu á Fox, e dada a pésima imaxe que implica o nome, decidiu tamén rematar coa marca, polo que a Chernin ficou sen moitas mais posibilidades. Finalmente, decedíron-se a pechar un acordo coa Netflix en abril, o que seica é un bó final para todo o mundo.
A Netflix planea agora estrear os tres filmes ao longo de 2021 nun acontecemento que chamará “The Summer of Fear” (o verán do medo).
As tres longametraxes cobren tres periodos de tempo distintos, incluíndo o século XVII, e no seu reparto atópan-se Kiana Madeira, Olivia Welch, Benjamin Flores Jr., Ashley Zukerman, Fred Hechinger, Julia Rehwald e Jeremy Ford.