Kaluuya protagoniza Upper World

59

O actor inglés Daniel Kaluuya, nominado ao Oscar polo filme de terror Get Out, será o protagonista e produtor da adaptación ao cinema que a Netflix fará da novela de fantasía para adolescentes The Upper World orixinal de Femi Fadugba.

Kaluuya interpretará a Esso, un home atrapado nunha liorta mortal e ao límite da expulsión cando se decata de que posúe un don inesperado: o acceso a un mundo onde pode ver visións do pasado e do futuro. Mentres, e a unha xeración de distáncia, Rhia camiña ao adestramento de fútbol en 2035, sen saber que o misterioso estraño que está por coñecer necesita desesperadamente a súa axuda para evitar unha bala disparada hai 15 anos.

Eric Newman e Bryan Unkeless son os produtores. A novela é a primeira dunha série planeada con secuelas previstas para 2021 e 2022.