O especial de nadal de LEGO e Star Wars

57

A Disney+ ven de anunciar a produción de The Lego Star Wars Holiday Special, unha nova longametraxe directamente inspirada na infame fita de 1978 Star Wars Holiday Special que emitiu a CBS no mesmo día que se estreará esta nova versión: o 17 de novembro.

O filme está ambientado despois dos acontecementos de Star Wars: The Rise of Skywalker, e continúa deste xeito a asociación entre a Lucasfilm e Lego para faceren versións humorísticas en debuxos animados da franquía Star Wars protagonizadas por xoguetes e bloques de LEGO.

Vários actores do filme orixinal repetiran os seus papéis para este especial, pero agora mesmo non está claro se entre eles se atopan Daisy Ridley, John Boyega, Oscar Isaac ou Kelly Marie Tran. O especial de 1978, cunha duración de 90 minutos, contiña moitas escenas musicais e a aparición coma convidados de actores de sona coma Bea Arthur ou a banda Jefferson Starship, pero tivo unhas críticas tan pésimas que nunca xamais volveu ser emitido e o único xeito de atopa-lo hoxe en día é con fitas pirata gravadas en VHS.

Ken Cunningham (Lego Jurassic World: Legend of Isla Nublar) dirixe este The Lego Star Wars Holiday Special a partir dun guión de David Shayne (Lego Star Wars: All-Stars).